publicidade hoxe

Actividades de dinamización no Día das Bibliotecas no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A Biblioteca Pública Municipal de O Carballiño, dentro da súa programación mensual, acolle esta semana co gallo da celebración do Día das Bibliotecas dúas actividades de dinamización e promoción da biblioteca. Hoxe, xoves, a partires das 18.00h terá lugar o espectáculo “Catalina, Lino, Lina”, unha peza teatral enfocada a transmitirlle ao público de entre 3 e 12 anos a paixón polos libros, actividade enmarcada no programa “Ler conta moito” cofinanciado pola Secretaría Xeral de Cultura. O venres, en horario de 17.30 a 19.00 horas,  desenvolverase o concurso “A miña Biblioteca”, no que os participantes, nenos e nenas de entre 5 e 12 anos farán un debuxo da Biblioteca. Ao remate haberá agasallos para os asistentes. O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, recorda a importancia que ten a lectura na formación dos cativos por estimular a súa cratividade, imaxiniación, concentración e capacidade verbal.

21 de outubro de 2015 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.