Ábrese o prazo de inscrición para participar no II Trail do Trega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaDeportes
A-
A+

Aberto o prazo de inscrición para todas aquelas persoas interesadas en participar no “II Trail do Trega” organizado por GALITIMING en colaboración co Concello da Guarda. Este trail, consiste nunha carreira a pé cunha distancia de 18 km que percorrerá o monte Santa Tegra e os seus arredores, cun desnivel aproximado de 1.100 metros. O mesmo tempo terá lugar una andaina de 10 km.

Este trail celebrarase o 29 de novembro e a saída é dende a explanada do colexio de A Sangriña. A andaina sairá as 9.15 horas e o trail ás 10 horas.

Inscricións

Os interesados poderán inscribirse a través da páxina web www.galitiming.com; enlace no que tamén aparecerá toda a información sobre o trail. Os participantes terán que ter unha idade mínima de 18 anos para poderse anotar.

Os prezos para o trail son, ata o 15 de novembro, 10 euros e dende o 16 ao 26 de novembro, 12 euros. Non se admitirán inscricións o mesmo día da proba. Os que queiran participar na andaina deberán pagar 3 euros.

A recollida dos dorsais será na Sangriña, 45 minutos antes do inicio da proba para os participantes no trail. Será obligatorio presentar o DNI.

Para os participantes na andaina a recollida dos dorsais pode ser ata 10 minutos antes de que comece a proba.

16 de outubro de 2015 | 13:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.