Ábrese ao tráfico o acceso do parque empresarial de Merelle
A estrada que une o Concello de Ordes co municipio de Cerceda presenta xa un novo aspecto. Dende hai varios días están concluídas as obras de mellora do acceso ao polígono empresarial, entre o enlace coa N-550 e o inicio da estrada de Ordes a Cerceda por Mercurín. A intervención realizaouse nun tramo de 500 metros de lonxitude, contando cun orzamento inicial de 90.000 € que, grazas as xestións e negociacións realizadas por Beatriz Martínes, concellería de Obras e Infraestruturas, reducíronse nun 10% (80.0000 €). Unha cantidade subvencionada nun 80% pola Consellería de Economía e Industria a través das axudas encamiñadas á habilitación e mellora das infraestruturas de parques empresariais. O estado deste vial é máis que evidente grazas á aplicación de conglomerado e á reposición de firme nas zonas de saneo.











