Abelairas súmase aos actos do Día Mundial da Parálise Cerebral

Actos do Día Mundial da Parálise Cerebral en Vigo
A concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, participou esta mañá nos actos do Día Mundial da Parálise Cerebral, organizados pola asociación Apamp na praza de America.
Manifesto
No decurso do acto procedeuse á lectura dun manifesto co tema central da “Autodeterminación das persoas con parálise cerebral”, no que se pediu , entre outras cuestións, o fin da austeridade e os recortes económicos e unha verdadeira dotación de recursos para a lei de Promoción da Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia.











