publicidade hoxe

Abegondo reunirá centos de persoas nos mercados agroalimentario e de segunda man do domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondo
A-
A+

Abegondo volverá ser este domingo, 11 de outubro, o foco de actividade da comarca. Aos postos habituais da feira tradicional, uniranse diversas propostas promovidas para o Concello con obxecto de apoiar aos emprendedores e dinamizar o desenvolvemento local do municipio.

O mercado agroalimentario reunirá a emprendedores da contorna, que contarán cun espazo para dar a coñecer os seus produtos. A agricultura ecolóxica, os produtos artesanais como o queixo, as marmeladas, a cervexa artesanal, o mel ou as castañas e fresas serán algúns dos exemplos que se poderán ver en Abegondo.

Son todas opcións traballadas polos emprendedores da zona para o desenvolvemento dunha actividade económica nestes difíciles momentos económicos. O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, destaca que moitas destas experiencias na área están a ter éxitos porque son “producións de calidade, moi ben coidadas e con moito traballo detrás”.

O denominador común destes produtos ofrecidos no mercado agroalimentario será a calidade e o traballo artesán. Estas son as características que demandará a futura marca de calidade da reserva de biosfera de Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O terceiro mercado de segunda man e troco discorrerá en paralelo, organizado pola reserva de biosfera. Os participantes montarán un posto na iniciativa para tratar de sacar un beneficio económico a moitas cousas que tiñan gardadas en casa. Mobles, xogos antigos, roupa, libros, música e unha infinidade de obxectos comporán a oferta.

A parte máis lúdica poraa a Carreira de Burros, que alcanza este ano a súa terceira edición tras o sobresaliente éxito das dúas primeiras. Está prevista para as 12.00 horas. 

Non faltará a gastronomía para os asistentes. Polbo e churrasco serán as opcións dos asistentes para combinar a xornada cunha boa comida. E tamén se producirá a actuación do grupo de gaitas da Escola Municipal de Música.

6 de outubro de 2015 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.