A XX Media Marathon de Pontevedra será a máis multitudinaria da historia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedra
A-
A+

Ano tras ano, a carreira de 21.097 metros de Pontevedra, volve superar o seu record de inscrición, nesta ocasión o incremento é dun 6% con respecto ao ano, concretamente 1.734 inscritos, como se anunciou na presentación da carreira o pasado mércores.

Os gañadores do ano pasado, Leticia Fernández da Ría Ferrol e Robertas Geralavicius da Sociedade Ximnástica; estarán na liña de saída dispostos a revalidar a vitoria, aínda que Rober terá un duro rival na figura de Manuel Furtado do New Balance.

Ás once da mañá darase a saída por un circuíto de algo máis de 10 quilómetros ao que haberá que dar dúas voltas co seguinte percorrido en cada volta: Saída na Ponte dos Tirantes, Avd. de Buenos Aires, Avda. Uruguai, Corvaceiras, darase a media volta xusto antes da baixada de San Roque para despois de exceder a ponte das Correntes virar á dereita en Travesía Galera, rúa Arcebispo Malvar, Praza de España, Marqués de Riestra, Praza San José, rúa Augusto González Bicada, praza de Galicia, Augusto García Sánchez, rúa Xeral Rubín, paseo de Valle Inclán, Iglesias Vilarelle, Alcalde Hevia, San Pedro Alcántara, Peregrina, Andrés Mellado, Andrés Muruáis, Peregrina, praza da Peregrina, Odriozola, rúa dos Soportais, praza de Curros Enríquez, rúa Real, praza Celso García de la Riega, Valentín García Escudero, Avda. Buenos Aires, rúa Padre Gaite, Padre Fernando Olmedo, Camiño Vello de Castela, rotonda José Malvar e Figueroa, novo viario que rodea á antiga Tafisa, na rotonda virar á esquerda para saír á Avda. de Buenos Aires, á altura da praia fluvial darase media volta, regresando á rotonda da ponte dos Tirantes.

Despois do segundo xiro ao circuíto, desde a rotonda da Ponte dos Tirantes, accédese á rúa José Malvar e Figueroa, percorrendo un tramo até a altura da súa rotonda para dar media volta, rúa Padre Gaite e Padre Fernando Olmedo, onde estará a META.

O circuíto estará pechado ao tráfico rodado, polo que haberá que estar moi atento aos diferentes peches parciais que se irán facendo desde as nove da mañá até as dez e media, cando se realice o peche total.

Tras varios días de intenso traballo a RFEA certificou que a distancia será de 21.097 metros, co que as marcas que realicen os corredores federados entrarán nos rankings federativos.

Espéranos unha carreira divertida e con moitos premios, será a última etapa do CCCP 2015, co aliciente de puntuar dobre; ademais da loita polo triunfo absoluto, terán un posto no podio os mellores de cada unha das 20 categorías nas que se dividen os corredores e non hai que esquecerse da a especialidade por equipos mixto 3; tres corredores aos que se lles sumarán os seus tres tempos para saber cal equipo é o mellor e non poden ser os tres do mesmo sexo.

A Sociedade Ximnástica de Pontevedra, conxuntamente co Concello de Pontevedra, a través do IMD, mobilizarán unha gran cantidade de material e persoal para que todo salga perfecto, haberá recordo da carreira para os 1.700 participantes, ao redor de 5.000 litros de bebidas; máis dun centenar de voluntarios que axudarán á Policía Local no peche do circuíto e aos corredores nos postos de avituallamiento e ordenación da saída e a meta.

Finalmente o tempo acompañará, prevese unha matinal do domingo con algo de nubes, lixeiro vento e temperatura agradable, sen a temida calor que adoita pasar factura aos corredores.

Desde o venres á tarde iníciase a entrega de dorsais, no Pavillón Universitario, que se prolongará durante o sábado e espérase que a maioría o recollan nestes dous días; sen agardar ás présas do domingo pola mañá.

Non hai que esquecerse de que calquera persoa pode traer 1 kg. de alimento ue entregarase a un comedor social.

16 de outubro de 2015 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.