publicidade hoxe

A Xunta traballa na mellora do firme dos enlaces de Rianxo e Catoira da Autovía do Barbanza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCatoiraLocal PortadaPontevedraRianxo
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda traballa no día hoxe na mellora do firme dos enlaces de Catoira e de Rianxo da Autovía do Barbanza. As actuacións consisten na extensión dun microaglomerado en frío no ramal de entrada sentido Ribeira do enlace de Catoira e no ramal de saída sentido Padrón do enlace de Rianxo co obxecto de mellorar as características superficiais do firme.

Trátase dunha operación ordinaria de conservación que realiza a concesionaria da Autovía, e para a súa execución é necesario cortar os ramais antes de abrir de novo ao tráfico. Para minimizar as molestias sinalízanse as entradas alternativas na estrada autonómica AC-305, e as saídas opcionais indícanse nos paneis de sinalización variable da Autovía.

A Xunta de Galicia realiza auditorías anuais do estado do firme, comprobando, neste caso, que, nos últimos anos, estiveron por enriba dos umbrais establecidos. Non obstante, e con obxecto de reforzar a seguridade viaria, optouse por realizar esta labor de conservación que se executa no día de hoxe.

23 de outubro de 2015 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.