A Xunta reabre o prazo para anotarse no curso de preparción do Celga 2 en Bueu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

A Xunta de Galicia abre un novo prazo ata o 16 de outubro para inscribirse no curso de preparación para a obtención do certificado de CELGA 2 que se organiza en Bueu entre o 19 de outubro e o 10 de decembro. Tal e como estaba estipulado nas bases, os cursos terán que ter un mínimo de 15 persoas para poder celebrarse, e ese é o motivo de que se reabra o prazo.

Así, todas as persoas maiores de 16 anos interesadas en presentarse ás probas de certificación, que serán sexan entre febreiro e marzo do vindeiro ano, poderán anotarse presentando o modelo de solicitude preferentemente por vía telemática ou presentando a solicitude incluída no anexo I das bases presencialmente na Xunta de Galicia.

Así mesmo, e aínda que o curso é para a preparación do CELGA 2, o profesor adaptarase ás circunstancias da clase, permitíndose preparar un nivel superior.

O curso vaise celebrar de luns a venres en horario de 18 a 20 horas no IES Johán Carballeira.

8 de outubro de 2015 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.