publicidade hoxe

A Xunta iniciará nos vindeiros días a mellora da estación de autobuses de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A Xunta iniciará nos vindeiros días as obras de adecuación e mellora da estación de autobuses de Monforte de Lemos, a través dunhas obras urxentes que suporán un investimento de 20.000 euros. A Dirección Xeral de Mobilidade, pertencente á Consellería de Infraestruturas e Vivenda, vén de encargar estes traballos á empresa Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, que executará a substitución de falso teito e a reparación de cuberta na estación.

Tras supervisar o estado destas instalacións, a Xunta constatou a necesidade de levar a cabo accións de reparación e mantemento na mesma consistentes na substitución de falsos teitos nos aseos, nos despachos de venta de billetes e no vestíbulo da estación.

O proxecto contempla a mudanza do actual teito de escaiola por un falso teito rexistrable, adaptando a iluminación ao mesmo. Ademais, revisaranse e limparanse tanto a cuberta e as súas baixantes coma os canalóns.

A Xunta, mediante a realización destas obras con carácter urxente, pretende resolver carencias nestas instalacións coa finalidade de fomentar o uso do transporte público. Neste sentido, mellorarase a calidade de vida dos veciños de Monforte, impulsando tamén o desenvolvemento económico e social deste concello lucense.

21 de outubro de 2015 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.