A Xunta incide no apoio ás asociacións de axudas contra as drogodependencias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A directora de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señoráns, incidiu hoxe no apoio do goberno galego ás asociacións de axudas contra as drogodependencias, e destacou a importancia de implicar a toda a sociedade na loita contra esta lacra.

Blanca García-Señoráns asinou hoxe un convenio de colaboración co presidente da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, Manuel Antonio Couceiro, para o mantemento da liña 900, onde a directora xeral destacou que a Xunta ven colaborando ca Fundación dende fai anos, o que permitiu manter a continuidade no funcionamento do servizo de asistencia telefónica -liña 900- de prevención na loita contra o narcotráfico e seguir desenvolvendo todas aquelas actividades encamiñadas a denunciar e erradicar a lacra social que supón o narcotráfico.

Esta liña 900 de prevención da drogadicción e do tráfico de drogas ten horario de atención ó público de mañá e tarde. Ademais, a fundación colabora coa Administración na elaboración de estatísticas e informes que axuden ó desenvolvemento das actuacións de carácter preventivo, fomentar a información e divulgación dos efectos negativos das drogas, mediante a realización de xornadas e seminarios

A Fundación Galega contra o Narcotráfico naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 2002, continuando na liña de traballo que viña realizando a “Plataforma Galega contra o Narcotráfico” e co obxectivo de loitar contra o tráfico ilícito de drogas, prevención e as súas consecuencias a través dun teléfono antidroga de denuncia. Prevención e axuda ó drogodependente; colaboración permanente coas forzas e corpos de seguridade do Estado, celebración de xornadas e foros de debate, propostas lexislativas,e outras actividades.

9 de outubro de 2015 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.