A Xunta expresa a súa condena polo crime de violencia de xénero que acabou coa vida dunha muller en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

A Xunta de Galicia expresa a súa máis firme condena polo acto de violencia de xénero que lle custou a vida a María José Rodrigues Fernandes, no día de hoxe en Vigo.

Trátase da sexta morte por violencia de xénero rexistrada este ano en Galicia, un crime polo que o Goberno galego manifesta a súa consternación ao tempo que fai un chamamento a toda a sociedade para que se rebele contra esta repudiable lacra. A Xunta reitera o seu apoio ás vítimas deste tipo de actos violentos e apela á corresponsabilidade da toda a cidadanía na erradicación deste problema público e social de primeira orde.

Lémbrase que as vítimas teñen a súa disposición o 016, un teléfono gratuíto que garante a confidencialidade da chamada, xa que non queda rexistrada na factura telefónica. Ademais, froito dun acordo entre a Xunta e o Goberno do Estado, as chamadas que se produzan ao 016 desde o ámbito territorial de Galicia derívanse automaticamente ao teléfono 900 400 273 ou ao 112 no caso de que a usuaria precise atención de emerxencia.

Mañá, haberá unha concentración de condena polo crime, tanto no edificio administrativo de San Caetano coma nas delegacións territoriais da Xunta.

29 de outubro de 2015 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.