A xunta de voceiros de Bueu aproba a declaración institucional de solidariedade cos afectados do Edificio Pintos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O alcalde de Bueu reuniuse hoxe ao mediodía cos voceiros do PP, PSOE e SON para trasladarlles o borrador da “Declaración institucional pola que o Concello de Bueu manifesta solidariedade, apoio e pide perdón aos afectados e afectadas pola demolición parcial do Edificio Pintos”. Na xunta, na que tamén estivo o concelleiro delegado de cultura, Carlos Eirea, modificáronse un pouco os termos da dita declaración, contando agora co viste e prace de toda a corporación municipal.

Así, na xunta de voceiros acordouse a celebración do pleno extraordinario para o xoves 22 de outubro ás 20.30 horas.

Esta declaración foi elaborada polo goberno local durante esta semana, e conta coa aprobación dos veciños e veciñas, representados por José María Alén.

16 de outubro de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.