A Xunta de Goberno Local de Ourense aproba a concesión de axudas para a rehabilitación integral de 17 vivendas no Casco Histórico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O portavoz do goberno municipal, José Araújo, e a segunda tenente de alcalde do Concello de Ourense, Flora Moure, compareceron esta mañá en rolda de prensa para dar conta dos acordos adoptados esta mañá en Xunta de Goberno Local.

A un total de 17 propietarios de vivendas do Casco Histórico a Xunta de Goberno Local ven de outorgar definitivamente as subvencións que solicitaron para o financiamento das obras de rehabilitación previstas nestes inmobles. Estas subvencións, correspondentes todas ellas ás solicitudes de axuda á rehabilitación no ARI (Área de Rehabilitación Integral) do Casco Histórico de Ourense. O importe total das axudas é de 88.462,73 euros.

No tocante a licencias urbanísticas, concedéronse as correspondentes á instalación dun ascensor na rúa Filomena Dato, a dun proxecto básico e de execución de reforzo de estructura do teito na planta sótano dun edificio na rúa San Martín. Tamén se concederon dúas para sendos edificios no Casco Histórico, unha para proxecto básico para rehabilitación e ampliación de edificio sito na esquina de Hernán Cortés coa rúa Bailén; e outra  de obra para proxecto básico e de execución para a rehabilitación dun edificio situado na rúa Villar – Canella Cega. 

No que respecta ao Servizo de Contratación, acordouse a prórroga do contrato do servizo de mantemento do xestor BBDD ORACLE, polo período que vai do 10 de xaneiro de 2016 ata o 09 de xaneiro de 2017. Este servizo estímase que ten un gasto de 11.656,90 euros para o vindeiro ano. Este contrato refírese á renovación do software que utiliza a administración local para xestión de nóminas, contabilidade, xestión económica interna, etc.

Aprobouse tamén o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, o proxecto de rehabilitación do firme e mellora da accesibilidade da rúa do Mercado. Este proxecto conta cun orzamento de 101.742,56 euros (IVE incluido)

Este é un dos sete proxectos que a cooperación entre a Deputación e o Concello permitirá sacar adiante durante o que resta de 2015 e o vindeiro ano 2016.

Tamén se acordou iniciar o expediente de resolución do contrato asinado coa empresa adxudicataria do control, mantemento e explotación da área termal de Outariz e Burga de Canedo, que incluía tamén a explotación dun quiosco-bar.

Esta adxudicación recaía na entidade Aspanas Termal S.L.U. Ábrese agora un prazo de dez días para realizar alegacións.

Tamén no ámbito do Servizo de Contratación se diu conta da ordenación decrecente das ofertas presentadas para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo corporativo de telefonía fixa, rede de datos e acceso a internet do Concello de Ourense. A proposta técnica e económica máis puntuada segundo o pliego de condicións foi R Cable y Telecomunicaciones de Galicia, S.A. Esta empresa ten agora dez días para presentar os documentos acreditativos de que está ao corrente coas súas obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como de depositar unha garantía por importe de 4.533,96 euros. 

Acordouse asimesmo executar unha sentencia dictada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, o 19 de setembro de 2013, con respecto ao expediente de adxudicación do contrato do servizo de mantemento e mellora das zonas verdes públicas no término municipal de Ourense. Así, excluiuse a unha das empresas que concurriran, por non aceptar a xustificación da empresa sobre a inclusión de valores na súa oferta que podían ser considerados anormais ou desproporcionados.

A sentencia referida obrigaba a analizar e valorar a súa oferta. A mesa de contratación, unha vez reunida de novo, valorou a oferta e concluiu que se atopaba en baixa temeraria e propuxo a súa exclusión do proceso. A XGL puxo fin así ao proceso.

Tamén se puntuou a única empresa que se presentou ao procedemento aberto para a contratación do servizo de tratamento e eliminación de mobles, aparellos e outros residuos urbanos voluminosos. Requíreselle agora á empresa, Estévez Containers Orensanos S.L.U., para que no prazo de 10 días achegue os documentos acreditativos de estar ao corrente das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como de constituir a garantía definitiva por un importe de 5.073 euros.

No que respecta á Concellería de Participación Cidadá, aprobouse o convenio de colaboración coa Agrupación de AAVV do Perímetro Rural e Periferia MIÑO. Este convenio ten un importe de 15.105,65 euros. Tamén se aprobou a convocatoria pública do programa de subvencións en especie de locais veciñais para asociacións, federacións ou agrupacións veciñais para 2016.

Por último, e con respecto á Concellería de Igualdade, aprobouse a solicitude de axudas e subvencións destinada ás entidades locais de Galicia para a promoción da igualdade para o ano 2015, concretamente as referidas a medidas, accións ou programas de conciliación, sempre que os seus obxectivos respondan ao finde fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través da conciliación dos seus tempos persoais, laborais e familiares, como é o programa “Espazo Coeduca”.

22 de outubro de 2015 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.