A Xunta comeza as tarefas de mellora do firme en dous treitos das estradas Saiar – Vilagarcía e Pontevedra – Baión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraPontevedraVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda inicia hoxe a mellora do firme en dous treitos das estradas Saiar- Vilagarcía (PO-305) e Pontevedra-Baión (PO-531).

Estas obras, que se desenvolven hoxe, consisten na rehabilitación do firme do treito comprendido entre Sequeiros e o Alto do Pousadoiro da estrada Saiar – Vilagarcía (PO-305) e tamén no treito con tres carrís da zona de Curro do vial Pontevedra – Baión (PO-531).

A Xunta investirá máis de 35.000 euros para a mellora das características superficiais destes treitos.

As actuacións levaranse a cabo entre os puntos quilométricos 0+500 e 2+900 da estrada PO-305, no Concello de Caldas de Reis, e entre os puntos 8+200 e 8+600 da PO-531, no de Barro. Estes tramos contan na actualidade cun pavimento asfáltico que pola acción do tráfico e dos axentes atmosféricos foi perdendo a calidade de servizo esixida.

Os traballos previstos consistirán na extensión dun microaglomerado, o que permitirá aumentar a adherencia da capa de rodadura e prolongar a vida útil destas infraestrutura. Desenvolveranse no día de hoxe, e finalizaranse na xornada de mañá no caso de que non se consiga finalizalos hoxe.

Con estas actuacións, que se realizan mediante o contrato de conservación integral, o Goberno autonómico mellorará o estado do firme, para garantir unha circulación cómoda e segura dos usuarios.

22 de outubro de 2015 | 13:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.