A profesora da academia Play: “Díxome que os pos brancos os receitara unha médica amiga da súa nai”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

Unha profesora da academia Play, na que Asunta dixo un día que levaba “dous días durmindo” e que lle subministraran “uns pos brancos”, sinalou que, ante as súas preguntas, a nena lle dixo que llos receitara unha médica amiga da súa nai”.

Esta testemuña, a sétima muller que declara xa este mércores no xuízo que trata de esclarecer a morte da menor, relatou como e cando decidiu acudir á comisaría para dar a coñecer estes feitos.

Ao respecto, respondeu ao fiscal que xusto antes de que Asunta comentase este extremo, un día que estaba como “durmida”, a nena faltara a unha clase un luns, e tivo que cambiala para outra xornada.

7 de outubro de 2015 | 16:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.