A produtora de “Taxi” lanza unha oferta con entradas a prezo reducido para a función en Vilagarcía
A produtora Pentación Espectáculos acaba de lanzar unha oferta especial de entrada sa prezo reducido para asistir á obra de teatro “Taxi” que os cómicos Josema Yusta e Felisuco porán en escena o sábado 31 de outubro no Auditorio de Vilagarcía. A través dos cupóns de Oferplan, os interesados poderán adquirir localidades cun 32% de desconto sobre o prezo normal. A oferta lim´ñitase a 50 entradas da zona B.
Para acceder a esta promoción, as persoas interesadas deberán acceder á páxina web de Oferplan- Voz de Galicia, e dirixirse ao apartado da representación de “Taxi” en Vilagarcía para facerse co cupón desconto que posteriormente deberán canxear pola localidade na billeteira do Auditorio. Co cupón, a entrada sairalles a 10.90 euros, prezo final, en lugar de paga ros 17.60 euros aos que custa o asento da zona B incluídos os custes de xestión.
“Taxi”, a comedia teatral protagonizada por Josema Yuste, Felisuco e Alfredo Cernuda, chega o sábado 31 de outubro ao Auditorio de Vilagarcía e despois de ter arrancado a risa aos milleiros de espectadores que xa tiveron a oportunidade de ver a función nos distintos teatros de España no que xa foi representada cun éxito xeneralizado de crítica e publico.
O protagonista desta historia, taxista de profesión, é un aparente feliz home casado cunha vida tranquila e en certo modo monótona. Nada máis lonxe da realidade. Está casado con dúas mulleres e vivindo con cada unha nun barrio diferente. Iso obrígalle a levar unha planificación de horarios moi estrita e a facer verdadeiros xogos de malabares para poder contentar a ámbalas dúas. Realmente está namorado das dúas e non desexa perder a ningunha delas. Todo o seu plan esvaécese cando acaba por accidente no hospital e o seu nome aparece por partida dobre na comisaría de cada distrito. Serán dúas persoas co mesmo nome ou unha mesma persoa cunha vida? Iso é o que tratará de descubrir a policía… e el intentará esconder por todos os medios. Para elo contará coa inestimable axuda dun veciño moi “incómodo”.











