A procura do tesouro e RockLab esgotan a maioría das súas prazas nos dous primeiros días de inscrición
O prazo de inscrición nas actividades “A procura do tesosuro” e “A hora do conto”, iniciábaseo o pasado mércores 14 ás 8 horas e, como ven sendo habitual, a resposta dos interesados en anotar aos seus fillos/as nelas, foi masiva.
Ducias de persoas agardaban ás portas do Pazo da Cultura dende case dúas horas antes da súa apertura, o que motivou que na primeira hora de inscricións, moitos grupos xa non contaran con vacantes e as correspondentes listas de agarda foran numerosas.
O cambio no sistema de matriculación, que entregaba un máximo de 4 inscricións por persoa, xa numeradas e en estricta orde de chegada fixo que o trámite fora máis relaxado ao permitir cubrir as follas con calma antes de entregalas.
A día de hoxe, so conta con vacantes “Experimenta”, de arte e cultura visual e “A hora do conto”, que ten menos de 5 ocos dispoñibles. O horario para formalizar a matrícula nestas actividades é de 8 a 14 horas de luns a venres.
Para “A procura do tesouro” só é posible anotarse nas listas de agarda dalgúns talleres concretos e “RockLab”, está pechado.











