A presa de apoio de Porto en Teixeiro relata o seu abatemento e di que falaba constantemente de Asunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

A presa de apoio de Rosario Porto no cárcere de Teixeiro, que pasou “as 24 horas con ela” durante nove meses, relatou no xuízo que trata de esclarecer o crime da súa filla Asunta, como era o seu estado de “abatemento” e “absoluta tristura” na cela, onde falaba “constantemente” da nena.

“Era unha dor incrible, igual cara ao exterior non o mostraba, pero na cela era virse abaixo”, destacou ás preguntas do avogado da acusada, que foi quen propuxo esta testemuña.

Ademais, explicou o “cambio paulatino” que houbo no comportamento das outras reclusas con respecto a Porto, posto que ao principio, polos feitos polos que foi encarcerada, “lle insultaban” ou “o ignoraban.

9 de outubro de 2015 | 16:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.