A Policía Local de Ames conta cun novo vehículo todoterreo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+
Novo vehículo da Policía Local

Novo vehículo da Policía Local

Esta mañá a Policía Local de Ames recibiu un novo vehículo todoterreo, equipados con kit policial, co que se continúa  renovando o parque automobilístico do corpo de seguridade amesá. Á entrega deste vehículo asistiron o alcalde de Ames, José Miñones, o xerente da empresa Yáñez SL e o inspector da Policía Local, José Antonio Rodríguez. A compra deste novo vehículo tivo un custo de 29.950 euros. Nos últimos quince meses a Policía local renovou todos os vehículos do parque automobilísticos. Actualmente, contan con catro vehículos (un deles todoterreo) e unha motocicleta. Ademais, proximamente vaise completar o parque automobilístico cunha segunda motocicleta.

Na actualidade, o corpo da Policía Local de Ames, integrado por un total de 25 efectivos, conta cun parque automobilístico que está composto por catro vehículos, un deles que foi entregado no día de hoxe, e unha motocicleta. Cómpre lembrar que nos últimos quince meses renovouse por completo o parque automobilístico do corpo de seguridade amesá. A finais de xullo de 2014 asinouse a acta de recepción de dous novos vehículos da marca Seat Altea.

Posteriormente, en xullo deste ano, A Xunta de Galicia entregoulle ao Concello de Ames un novo vehículo (marca Citroen Cactus) para a Policía Local. Esta concesión fíxose por un período de dous anos e uns 80.000 quilómetros, aínda que existe a posibilidade de ampliar esta concesión por outros dous anos máis sumando un total de catro.

Agora, no día de hoxe, o xerente da empresa Yáñez SL, fixo entrega dun novo vehículo todoterreo co cal se completa a renovación dos coches da Policía Local. Os vehículos do corpo de seguridade amesá rexistran un uso intensivo (todos os días á semana durante practicamente 24 horas) polo que era necesario substituír os antigos vehículos patrulla. 

Para poder adquirir este novo vehículo, que tivo un custo de 29.950 euros, o Pleno aprobou no pleno ordinario de febreiro de 2015, unha modificación do orzamento por unha contía de 30.000 euros. A través desta operación púidose comprar este vehículo que substitúe ao antigo todoterreo que xa contaba con 14 anos de antigüidade e con máis de 400.000 quilómetros.

8 de outubro de 2015 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.