publicidade hoxe

A OMIX da Guarda organiza unha xornada de micoloxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

A Concellería de Xuventude do Concello da Guarda organiza, coa colaboración da asociación “A Jalleira”, unha Xornada Micolóxica o próximo sábado, día 7 de novembro.

Esta xornada estará dividida en dúas partes. A primeira delas desenvolverase a partir das 10 horas e durará ata as 12 horas. Nesta haberá unha parte expositiva na que se falará, por exemplo, da normativa, dos bos usos e costumes no monte ou dos diferentes tipos de cogomelos.

Pola tarde, a partir das 16 horas, levarase a cabo unha saída explicativa. 

Para poder participar, as persoas interesadas terán que pasar pola OMIX do Concello ou chamar ao 986614546 para inscribirse, xa que as prazas son limitadas.

29 de outubro de 2015 | 10:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.