publicidade hoxe

A mostra “El Arte de Ensoñar” preséntase na Sala de Exposicións da Área Panorámica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Mañá martes día 20 de outubro, ás 19h, presentarase a exposición “El arte de ensoñar” da artista viguesa Aída Pérez Fernández. A colección poderase ver ata o 3 de novembro, na Sala de Exposicións da Área Panorámica.

Á presentación acudirán a concelleira de Cultura, María José González, a responsable da exposición, Helena Rodríguez e a artista e autora da mesma Aída Pérez.

Aída Pérez Fernández presenta unha colección que xira en torno ás Belas Artes e á ensoñación. A través da relación harmónica entre cor e forma logra representar o seu mundo interior, utilizando unha linguaxe abstracta grazas a técnicas modernistas de vangarda.

19 de outubro de 2015 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.