A irmá de Jaramillo asegura que subiu fotos a Facebook da cea en Madrid o 21 de setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press
Sesión do xuízo

Sesión do xuízo

A irmá de Ramiro Cerón Jaramillo, o home cuxo perfil xenético coincide cos restos achados na camiseta de Asunta, asegurou, no xuízo que trata de esclarecer a morte da nena, que subiu fotos á rede social ‘Facebook’ da cea que mantivo en Madrid co seu irmán e outras persoas “o mesmo día” 21 de setembro de 2013, cando se produciu o crime da menor.

Pola súa banda, a entón noiva e agora muller de Cerón Jaramillo apuntou que ela colgou en ‘Facebook’ fotografías de si mesma dun momento distinto da cea, “de cando estaba no coche esperando”.

A maiores, a muller deste individuo, que foi detido o 18 de novembro de 2013 polo achado de seme na camiseta de Asunta que coincidía co seu perfil xenético, apuntou que “estando na cea” deulle “un toque” ao seu actual marido “porque fixera un cambio de portabilidade e quería ver se tiña cobertura”.

Ambas, e previamente o propio Cerón Jaramillo, declararon este xoves por videconferencia, na oitava sesión do proceso, e responderon ás preguntas das partes.

8 de outubro de 2015 | 11:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.