A Guarda participa na “Experiencia Ecotur”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O Concello da Guarda participa na “Experiencia Ecotur” que anima os veciños e veciñas das dúas beiras do río Miño a gozar das inmellorables paisaxes e da historia, tanto galega coma portuguesa.

Estas experiencias, que están organizadas por Unimiño, e nas que tamén participan os os Concellos de O Rosal e Tomiño e as Cámaras Municipais de Caminha e Vila Nova de Cerveira, celébranse este sábado, 10 de outubro.

Todas aquelas persoas interesadas en participar deben facer a súa inscrición tanto no teléfono +351 939 509 080 ou na dirección de mail: experienciaecotur@gmail.com. 

Oferta na Guarda 

O Concello da Guarda oferta nesta iniciativa tres experiencias diferentes. A primeira, sería unha ruta polas cetáreas e polo porto da Guarda. Esta actividade acompañaría a unha ruta ambiental en kayak polo río Miño, unha visita guiada ao Pazo Valdomiño, en Tomiño, e unha visita guiada aos muíños de O Folón e O Picón, no Concello de O Rosal. 

A segunda trátase dunha visita guiada ao Castelo de Santa Cruz e o Museo do Mar. Neste conxunto de actividades tamén encóntrase a visita ó “Aquamuseu” de Vila Nova de Cerveira, a visita ao forte de San Lourenzo e o paseo fluvial de Goián, no Concello de Tomiño e unha visita os petróglifos de Ghorghalado e a Casa dos Oficios no Rosal. Ademais dunha travesía en ferry polo río Miño e a visita ao Centro de Interpretación da Serra D´Arga, no municipio portugués de Caminha. 

Na terceira e última, entre O Rosal e A Guarda ofertan unha ruta pola senda dos pescadores do Río Miño. Esta experiencia irá acompañada por un percorrido pedestre na Serra D´Arga e unha visita ao taller de traxes Tradicionais, ambas en Caminha. Ademais haberá unha travesía en ferry polo río Miño.

As actividades teñen límite de participantes.

6 de outubro de 2015 | 10:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.