publicidade hoxe

A Garda Civil inicia unha operación contra Resistencia Galega e prevé varias detencións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroLocal PortadaPontevedraSantiago de CompostelaVigo
A-
A+
Europa Press

Axentes da Garda Civil están a desenvolver desde primeiras horas deste venres a ‘Operación Jaro’ contra “a contorna da organización terrorista Resistencia Galega”. Tal e como informou o Ministerio de Interior, os dispositivos están a desenvolverse en distintas cidades do catro provincias galegas, entre elas Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Boiro.

Ademais, prevese a realización de “diferentes detencións contra persoas integradas en estruturas que dan apoio ao mencionado grupo terrorista”.

ORDENADA POLA AUDIENCIA NACIONAL

Segundo indicaron fontes próximas á investigación non se descarta que estas detencións se produzan en próximas horas. As mesmas fontes comunicaron que esta operación contra en enaltecemento do terrorismo, foi ordenada pola Audiencia Nacional e está aberta desde última hora do xoves.

30 de outubro de 2015 | 10:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.