publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A feira da Barqueira encherase de castañas, chanfaina e… cabazas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdido
A-
A+

O domingo 1 de novembro celébrase en Cerdido a Feira da Barqueira adicada á castaña e a chanfaina con degustación gratuíta. Tamén haberá postos de venda de artesanía e pola tarde, a partir das 16.00 h. comezarán obradoiros  de maquillaxe terrorífica, decoración de cabazas e concurso de cabazas decoradas.

Neste día de Samaín os pequenos serán os grandes protagonistas cunha festa de animación con colchonetas, música, xogos e obradoiros. Para evitar as posibles inclemencias do tempo, o campo da feira estará cuberto por unha carpa.

30 de outubro de 2015 | 10:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.