A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo acolle a presentación do libro “Pito Galego. Método práctico”
A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo acolle a presentación oficial do libro “Pito Galego. Método práctico” este venres 23 de outubro ás 19.00 horas. O acto contará coa participación do músico Moisés Quintas, autor deste primeiro método escrito para a aprendizaxe do pito pastoril galego.
A obra aborda a historia do instrumento, o estudo dos distintos pitos acompañados de fotografías ilustrativas, máis de 200 exercicios progresivos de técnica, articulación, afinación, respiración…, máis de 50 melodías tradicionais ordenadas por grao de dificultade e até un obradoiro para construír o noso propio pito de cana.
“Pito Galego. Método práctico” compleméntase coa versión web do proxecto, www.pitogalego.gal, un espazo que inclúe máis de 250 gravacións de audio e que pretende seguir vivo en intercambio cos lectores.











