publicidade hoxe

A Escola de Teatro de Narón abrirá en Brión unha nova tempada do ciclo de teatro afeccionado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

A Escola de Teatro de Narón abrirá mañá sábado 10 de outubro, ás 20:30 horas, en Brión unha nova tempada do ciclo de teatro afeccionado “Teatro e punto”, que organiza o Concello de Brión. O grupo representará a obra “Ismael e a balea branca”, unha versión do clásico “Moby Dick” no centro social polivalente. A entrada é totalmente libre e de balde, ata completar aforo.

A próxima sesión do ciclo “Teatro e punto” terá lugar o sábado 24 de outubro, tamén ás 20:30 horas, no teleclube parroquial de Ons. Nesa ocasión, o grupo de teatro Oquetiqueiras porá sobre o escenario a obra “Raíñas”.

9 de outubro de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.