publicidade hoxe

A Escola de Música de Catoira organiza un novo seminario de saxofón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoira
A-
A+

A Escola de Música Municipal de Catoira informa que está aberto o prazo de inscrición no III Seminario de Saxofón, que se desenvolverá ó longo do curso 2015/2016.

O seminario constará de tres encontros, a desenvolver nas seguintes datas: do 13 ao 15 de novembro, do 19 ao 21 de febreiro e do 6 ao 8 de maio. Ofértanse quince prazas, coa intención de que o alumnado reciba unha atención o máis personalizada posible, ó mesmo tempo que se fomentarán os valores de unión e colaboración a través da música. Neste sentido, os estudantes poderán gozar de clases idividuais e colectivas, nun ambiente de aprendizaxe novo e innovador, no que a música de cámara ten un papel fundamental.

O mestre titular do seminario é Adrián Pais, a quen se sumará en febreiro o saxofonista Xabier Casal e a pianista Paula Gago. Pais e Casal suman preto de vinte premios a nivel nacional e internacional, cunha longa traxectoria de concertos en España e diferentes países europeos, e asumen agora con ilusión o reto de formar a novos músicos en Galicia, despois das súas estadías fóra.

Durante o seminario, a veciñanza de Catoira poderá gozar do saxofón máis actual a través de varios concertos no Auditorio Municipal, a cargo dos mestres e alumnado.

28 de outubro de 2015 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.