publicidade hoxe

A escola de gaitas e pandeiretas de Bande iniciou este sábado o novo curso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+
Inicio do curso

Inicio do curso

O Concello de Bande puxo en marcha este sábado día 3 de outubro un novo curso da escola de gaitas e pandeiretas. Aparte do ensino de gaita e percusión (a partir de 6 anos), impártense clases de canto e pandeireta (a partir de 4 anos). Cristina Pumar Rico e Marco Foxo, integrantes da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, serán os profesores ao fronte desta etapa. As clases serán gratuítas, os sábados, na casa do concello en horario de 12:00h. a 13:30h. 

5 de outubro de 2015 | 11:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.