A Deputación de Pontevedra recibe á Sociedade Ximnástica

Recepción á Sociedade Ximnástica
A Sociedade Ximnástica de Pontevedra, comandada polo seu presidente Ramón Touza, acudiu esta mañá á sede da Deputación Provincial, en Montero Ríos, para darnos a coñecer ante a nova representante da área de Deportes da Deputación, Consuelo Besada Lores.
Nunha conversación amena, a Xunta Directiva explicou a actividade deportiva que realiza cada ano, as súas Escolas de Atletismo, a organización de eventos deportivos como a recentemente celebrada Media Maratón de Pontevedra ou a próxima carreira San Silvestre e sen deixar no tinteiro aos seus equipos, o masculino que xa leva 10 tempadas na División de Honra do atletismo nacional e o equipo feminino, que estivo este verán preto de ascender á Primeira División nacional e que a próxima tempada tratará de tentalo.
Tamén se lembrou a boa disposición que tiveron ambas as entidades, para traballar nos últimos anos polo deporte, desexando que no futuro continúe esa colaboración, sempre dentro das necesidades de todos os pontevedreses.











