publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra concede a Ribadumia unha subvención para contratar a 24 desempregados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

A proposta que o Concello de Ribadumia solicitou á Deputación consiste na contratación de 24 persoas desempregada para o reforzo de diversos servizos. Entre estes estará a contratación dun monitor de tempo libre para o Plan Madruga e Escola de Ocio; 10 contratacións para o servizo de limpeza e mantemento de instalacións: 3 limpadores e 7 mantedores de edificios; 12 contratacións para o servizo de mantemento de limpeza e mellora de zonas medioambientais e para o servizo de obras públicas: 6 péons de obras públicas e 6 traballadores de conservación de parques; e unha contratación de arquitecto técnico para o servizo de urbanismo.

A día de hoxe, o Concello recibiu a resolución favorable por parte  da institución provincial e a selección dos candidatos realizarase a través de oferta ó Servizo Público de Emprego de Galicia.

Os interesados terán que dirixirse á Oficina de Emprego de Cambados para inscribirse nas ocupacións demandadas e os criterios de selección dan prioridade ás persoas desempregadas, non perceptoras de prestacións dando preferencia ás vítimas de violencia de xénero, ós candidatos maiores de 45 anos, ós que teñan familia monoparental ou con fillos a cargo, ós candidatos con niveis de renda máis baixa e con cargas familiares, tal e como establece a orde de convocatoria. 

15 de outubro de 2015 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.