A Deputación de Lugo abre un novo prazo de solicitude para 70 postos de traballo do Ben Empregado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Xunta de Goberno este venres aprobou a contratación de 47 lucenses desempregados queresultaron beneficiados do Ben Empregado, e que polo tanto comezarán atraballar nos vindeiros días en entidades e colectivos da provincia; así comoabrir un novo prazo de solicitude para cubrir 70 postos de traballo destaprogramación que quedaron vacantes. As solicitudes poderán facerse dende o 9 ao19 de novembro. Toda a información estará ao acceso dos interesados en www.deputacionlugo.gal.

O voceiroprovincial socialista, Álvaro Santos Ramos, explicou que “son 70 empregos entodos os sectores e en toda a provincia que, incomprensiblemente, o Goberno deCandia non foi capaz de cubrir. Con 22.900 lucenses desempregados, non haiexplicación algunha para xustificar isto, máis que o capricho de Candia pordestruír todos os proxectos de futuro deste Goberno, aínda que isto supoñaparalizar a creación de empregos de calidade, posto que os contratos, que sondun mínimo dun ano, inclúen cláusulas sociais en defensa dos dereitos dostraballos”.

“Afortunadamente,as bases do Ben Empregado recollen a posibilidade de abrir un novoproceso de solicitude, polo que, neste caso, si podemos reparar este dano. Nonocorre o mesmo, por exemplo, co millón de euros de fondos europeos que perdeu oGoberno de Candia por non organizar nin un só curso formativo e con prácticasremuneradas do Pacto polo Emprego. Isto si que non ten volta atrás”,engadiu.

Obras desbloqueadas enVilalba e Viveiro

A Xunta deGoberno aprobou os derradeiros trámites legais (plans de seguridade e saúde no traballo,e de xestión de residuos) para a inmediata posta en marcha de novas obras endotacións públicas municipais, “mellorando, deste xeito, ás prestacións aosveciños e aforrando custos aos Concellos, pois son traballos financiados polaDeputación. Desbloqueamos destas actuacións que durante os últimosmeses mantivo paralizadas, sen motivo algún, máis que por puro capricho, o Gobernode Candia”, explicou Santos Ramos.

Ostraballos, que se iniciarán a vindeira semana, son as seguintes: en Vilalba,acondicionamento dunha ruta de 15 quilómetros no contorno da Casa Habaneira, enSantaballa, coa plantación de árbores autóctonas e dotación de paneisinformativos e mobiliarios, entre outros traballos. O orzamento é de 5.000euros. En Viveiro, mellora no treito do comprendidoentre a Avenida de Cervantes e a Praza Juan Donapetry. Son obras solicitadaspolos veciños e incluídas nos Presupostos Participativos de 2015 cunha partidade 470.000 euros. Consisten na reposición integral do firme da estradaLU-P-6605 e das zonas peonís da súa contorna para humanizar a zona.

Axudas de máis de 3,3 millóns de euros

OVicepresidente, Antonio Veiga, informou sobre a vindeira resolución de liñas deaxudas de concorrencia competitiva por valor de 3.370.000 euros, “que o Gobernode Candia tiña paralizadas e que xa deberían estar resoltas”. Trátanse dassubvencións do Plan de Impulso do Sector Primario do departamento deCooperación cos Concellos, así como das axudas para colectivos culturais edeportivos, destas áreas provinciais.

30 de outubro de 2015 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.