A Deputación da Coruña negocia coa organización de La Vuelta a promoción de produtos e empresas da provincia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Deputación da Coruña negocia coa organización da Volta Ciclista a España a promoción de produtos e empresas da provincia nas diferentes etapas do percorrido ao longo da xeografía española.

Así o confirmou o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, tras a reunión de traballo que mantivo co director de La Vuelta, Javier Guillén, na que participou tamén o deputado responsable de Infraestruturas e Medioambiente da institución provincial coruñesa, José Manuel Pequeño.

Segundo o presidente provincial, “ademáis do aspecto deportivo que todo o mundo ama e sigue e do importante escaparate que representa La Vuelta para os nosos múltiples atractivos turísticos, queremos que na próxima edición teña ademáis unha vertente económica coa presencia e a promoción de empresas e produtos das distintas comarcas da nosa provincia ao final de cada etapa, para que sexan coñecidos en toda España”.

González Formoso destacou que esta acción encadraríase dentro da estratexia do novo goberno provincial de “contribuir, dende as súas competencias, á dinamización económica da provincia” e agradeceu a “predisposición” e “interese” amosado pola organización deste importante evento deportivo.

2 de outubro de 2015 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.