A Deputación da Coruña estreita os seus lazos de colaboración coa Cruz Vermella

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
González Formoso na reunión con Mª Carmen Colmeiro e Mercedes Casanova

González Formoso na reunión con Mª Carmen Colmeiro e Mercedes Casanova

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu esta mañá no seu despacho da institución provincial ás presidentas autonómica e provincial da Cruz Vermella, Mª Carmen Colmeiro e Mercedes Casanova.

Durante a reunión abordouse a longa traxectoria de colaboración entre ambas entidades e as múltiples liñas de acción que desenvolve a Cruz Vermella na provincia e coas que a Deputación ven colaborando dende hai anos, como programas de apoio á integración social de minorías étnicas, programas de mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas, de servizos sociais ou de transporte adapatado para persoas con diversidade funcional.

González Formoso destacou a gran labor social que desenvolve a Cruz Vermella en todo o mundo dende hai máis de 150 anos e expresou o compromiso do Goberno provincial de estreitar os seus lazos de colaboración coa entidade a nivel galego e provincial en beneficio dos colectivos mais vulnerables.

19 de outubro de 2015 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.