publicidade hoxe

A Deputación da Coruña colabora no programa de actividades do Centro de Estudos Melidenses-Museo Terra de Melide

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelide
A-
A+

Coa sinatura do convenio de colaboración, a Deputación comprométese a colaborar co programa de actividades do Centro de Estudos Melidenses-Museo Terra de Melide. O Deputado de cultura, Turismo e Patrimonio Histórico-Artístico, Xosé Regueira, anunciou unha liña de subvencións a entidades de interese especial que contan con fondos propios como é a de Melide.

Con 20.000 € colaborará a Deputación da Coruña no programa de actividades do Centro de Estudos Melidenses-Museo Terra de Melide, segundo consta no convenio asinado polo deputado da área, Xosé Regueira Varela máis o director da entidade, Xosé Manuel Broz Rei. No acto de sinatura destacaron o papel do Museo da Terra de Melide como único museo comarcal da Coruña, cun amplo fondo e unha dinámica actividade cultural.

O deputado responsable da área de Cultura, Xosé Regueira, avanzou no encontro que a Deputación botará a andar unha liña de subvencións a entidades que, como o Centro de Estudos Melidenses-Museo Terra de Melide, teñen un interese especial e cumpren unha relevante función cultural, no canto dos convenios nominativos que imperaban na relación con centros, asociacións ou fundacións.

6 de outubro de 2015 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.