A Corporación viguesa garda tres minutos de silencio en sinal de dó polo asasinato de María José Rodrígues Fernándes

Tres minutos de silencio en memoria da falecida
A Corporación Municipal gardou tres minutos de silencio este venres en memoria de María José Rodrígues Fernándes, vítima da violencia de xénero asasinada en Vigo onte. O Concello decretrou tres días de loito oficial e o alcalde manifestou hoxe, no nome da cidade, o rexeitamento rotundo á violencia machista.











