A Casa Galega da Cultura acolle a mostra “Xaime Isla: Raíz e Utopía de Galicia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Inauguración da mostra

Inauguración da mostra

A Casa Galega da Cultura acolleu este venres a inauguración da exposición “Xaime Isla: Raíz e Utopía de Galicia”, que quere divulgar a vida e obra do pensador galeguista no centenario do seu nacemento. A mostra organizada pola Fundación Isla Couto conta coa colaboración do Concello de Vigo e permanecerá aberta ata o 2 de novembro.

O alcalde asistiu esta mañá á inauguración na Casa Galega da Cultura da exposición “Xaime Isla: Raíz e Utopía de Galicia”, que homenaxea a traxectorial profesional e vital do pensador e galeguista no centenario do seu nacemento e que permite analizar a evolución de Vigo e Galicia entre os anos 30 e comezos do século XXI.

Abel Caballero puxo en valor a figura de Xaime Isla Couto como impulsor cultural e intelectual e animou á cidadanía a que visite a mostra para coñecer de primeira man a súa vida e obra.

No acto de apertura da exposición estiveron presentes Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Manuel Meixide, presidente da Fundación Isla Couto, e Xosé Luís Pastoriza, comisario da mostra, que estará aberta durante un mes, ata o próximo día 2 de novembro.

2 de outubro de 2015 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.