A Casa da Luz acolle a Ponte Sostenibility Jam

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Casa da Luz acollerá o próximo sábado, 31 de outubro (de 9.30 a 20.30 horas) a primeira edición de Ponte Jam Sustainability na que colabora o Concello de Pontevedra, a cuarto desde que este chegou a Pontevedra da man do Espazo Arroelo, quen se sumara no 2011 a iniciativa que promove a empresa alemana Work Play Experiencie Trátase dun evento internacional de deseño de servizos que se celebra dun xeito simultáneo en 50 países, cun reto común, segundo dixo a xestora de Arroelo, África Rodríguez. Creatividade, espontaneidade, traballo en equipo, empatía e ser destemido son valores que contan nunha sesión na que “o importante non é a idea senón pórse a facer” subliña África Rodríguez.

Os obxectivos da xornada son os seguintes: potenciar a capacidade creativa para a resolución dun reto común aplicando ferramentas potenciadoras da innovación (desing thinking, coaching…); adquirir novas metodoloxías relacionadas coa innovación, fomentar o networking entre profesionais e xerar servizos e crear prototipos.

O Ponte Jam amosa a nova política municipal de abrir a Casa da Luz á sociedade. A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, lembra que dende finais de xuño as actividades sociais, formativas e culturais sucédense neste espazo: xornadas creativas, cursos de formación, o Fuck up, exposicións, xuntanzas temáticas, creación e consolidación de Pontevedra ten un puntazo, un festival de poesía,… agora o Ponte Jam, unha sucesión de actos que falan da boa acollida da proposta de facer da Casa da Luz a casa de todas e todos.

27 de outubro de 2015 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.