A carreira Viesgo Night Raice regresa a Lugo para promover o deporte en familia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLugo
A-
A+
Presentación da carreira

Presentación da carreira

O Concelleiro de Deportes e Infraestruturas Urbanas, José Manuel Díaz Grandío, o director xerente de Begasa, Luis García Santalla, e a responsable deportiva  da carreira nocturna solidaria Viesgo Night Raice, Sandra Nozal, presentaron este luns no Salón de Plenos a terceira edición desta cita deportiva, que se celebrará o vindeiro 7 de novembro polas rúas de Lugo. O Concello colabora con esta iniciativa posto que se enmarca na súa decidida aposta por promover as actividades deportivas ao tempo que se impulsa a cidade de Lugo.

Durante o acto de presentación, Grandío fixo fincapé no caracter solidario desta carreira ao tempo que destacou a gran oportunidade que supón esta proba de caracter non competitivo para promover os valores do deporte en familia. Neste senso, o edil agradeceu a aposta e a fidelidade de VIESGO “por escoller a Lugo para celebrar esta proba que comeza a ser unha cita deportiva de referencia na cidade, cunha importante acollida por parte dos deportistas lucenses”. Díaz Grandío tamén aproveitou para animar aos lucenses a participar nesta carreira, que aspira a reunir un milleiro de corredores en Lugo, 800 adultos e 200 nenos.

Pola súa banda, García agradeceu ao Concello a colaboración prestada para poder levar a cabo estar carreira que busca promover o deporte e potenciar a solidaridade.

A proba, que se realiza baixo o lema Ilumina tu ciudad, contará con 3 circuítos, un dirixido aos cativos e cativas de 3 a 7 anos, que terá 500 metros de extensión, un segundo para os rapaces e rapazas de entre 8 e 11 anos, cun quilómetro de extensión e outro para maiores de doce anos, que constará de cinco quilómetros. O punto de partida será a Praza Maior, que acollerá a saída da categoría benxamín ás 19.30 horas e a da categoría alevín ás 19:45 horas. Os adultos partirán ás 20:00 horas.

Inscricións

Todos os interesados en participan poden inscribirse na web www.viesgonightrace.com. O custe da insrición é de 5 euros para adultos e gratuíto para os nenos e nenas. Todo o recaudado será donado ao Banco de Alimentos de Lugo. Os inscritos recibirán unha linterna frontal, unha camiseta e un dorsal, obrigatorios para participar.

#ViesgoTwitterRace

A esta iniciativa solidaria súmase este ano a carreira virtual #ViesgoTwitterRace, que pretende conectar a través de tweets ás dúas cidades nas que se celebra esta carreira nocturna, Santander e Lugo. A idea é conseguir 500 tweets de apoio a esta cita deportiva, tantos como quilómetros separan ás dúas cidades.

 

26 de outubro de 2015 | 13:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.