publicidade hoxe

A Cañiza promove e organiza un curso para rendibilizar as vendas no pequeno comercio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

O vindeiro martes 3 de novembro, os comerciantes da Cañiza poderán participar gratuitamente no curso de visual merchandising, mentoring comercial e técnicas de venda que terá lugar no Salón de Plenos do Concello en horario de 16h00 a 21h00.

Esta xornada formativa comercial ofrece a oportunidade de recibir unha formación práctica para organizar e animar os espazos comerciais e para definir, planificar, coordinar e controlar todos os procesos ou actividades realizadas no punto de venda co obxectivo de promocionar e dar visibilidade a un produto, unha marca ou un establecemento comercial.

Preténdese axudar aos pequenos comerciantes a conseguir unha xestión óptima dos produtos, situar a variedade segundo criterios de rendibilidade e imaxe, deseñar estratexicamente o establecemento segundo os criterios comerciais establecidos para facilitar a circulación e promover as vendas e por último organizar e supervisar a implantación e a montaxe de escaparates.

A organización deste curso responde o compromiso asumido polo Equipo de Goberno do Concello de apoiar  e axudar ao pequeno e mediano comercio da Vila a mellorar as vendas e optimizar a rendibilidade dos negocios locais.

 

23 de outubro de 2015 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.