publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Cañiza presenta o seu novo Carné de Deportista Cañicense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+
Presentación do carné de deportista

Presentación do carné de deportista

Este recentemente estreado carné nace co obxectivo de  facilitar a preparación física a todos os deportistas federados do Municipio, os cales están a representar ao noso pobo cada fin de semana en todo tipo de competicións, xa sexan individuais ou por equipos, facendo promoción da Cañiza.

Con este carné preténdese igualmente premiar o esforzo dos Clubs e deportistas federados ao ter que pagar unha licenza ás súas respectivas federacións. Ao estar en disposición do Carné de Deportista Cañicense afórranse as taxas de ximnasio e piscina municipal que utilizan asiduamente para completar a súa preparación.

A posesión desta acreditación dá dereito de poder utilizar as instalacións do complexo deportivo da Cañiza que inclúe a piscina climatizada e ximnasio. Ademais teñen garantida a entrada gratuíta aos partidos do CF Cañiza e do Club Balonmán Cañiza. 

Os requisitos esixidos para para obter o carné son estar empadroados na Cañiza e ter licenza federativa ademais de ser maior de 16 anos. 

Para poder solicitalo, os interesados deben presentar na oficina do centro deportivo, certificado de empadroamento, copia da licenza federativa e fotocopia do DNI. Unha vez examinada a documentación en vigor expedirase un carné acreditativo para poder acceder gratuitamente ás instalacións.

2 de outubro de 2015 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.