publicidade hoxe

A Cañiza acolle un homenaxe aos deportistas veteranos de halterofilia, powerlifting, culturismo, boxeo, greco-romana, loita libre olímpica e judo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaDeportes
A-
A+

O prestixioso pintor e escultor cañicense Diego de Giráldez mostra outra das súas facetas, a de adestrador de Halterofilia e Powerlifting e Xuíz destas disciplinas, ao organizar o 1º Encontro & Homenaxe aos mellores deportistas veteranos, campións de España e de Galicia, nas disciplinas deportivas de Halterofilia, Powerlifting, Culturismo, Boxeo, Greco-Romana, Loita Libre Olímpica e Judo. Encontro que terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro na súa vila natal: A Cañiza.

 O Concello colabora a través da Concellaría de Deportes na organización do acto que se celebrará ás 12h00 no Salón de Sesións Plenarias do Concello.

O Alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez, inaugurará a sesión dando a benvida aos homenaxeados e asistentes e Diego de Giráldez será o encargado de presentar este encontro que pretende ser unha homenaxe a todos eses deportistas de elite polo seu esforzo e dedicación.

Durante o acto entregarase o título de deportista destacado nas categorías que se relacionan aos seguintes veteranos:

HALTEROFILIA: Cándido Barros Lorenzo “Faso”. Campión de España Junior. Categoría 82 1/
HALTEROFILIA: Eugenio Vila. Campión de Galicia Senior . categoría 50 kg.
HALTEROFILIA: Félix González Sánchez. Subcampión de España  Junior. Categoría 60 kg
HALTEROFILIA: Roberto Gil Bolaño.  En 2 ocasións Campéon de España. Categoría 90 kg.
HALTEROFILIA: José A. Ermo Rial. Subcampión de España en categoría 67 ½
POWERLIFTING: Joaquín Ribeiro Alcántara. Campión Provincial Absoluto e Campión de Galicia Absoluto en categoría 75 Kg.
POWERLIFTING: Diniel Angel Librado Fernández Jaso. Mestre de Cultura Física
POWERLIFTING: José A. Gómez  Giráldez. Recordman de España en Press-banca- categoría 67 ½
FÍSICO – CULTURISMO: Rafael Argibay  Ponte. 5º no campionato do Norte de España ( Galicia – Asturias – País Vasco – A Rioxa – Cantabria  e Castela León.
BOXEO:  Carlos Miguel Rodríguez Pérez. 13 veces campión de España
BOXEO:  Enrique Perfecto Piñeiro Tobío “Rocky – Tobio”. Campión Galego
BOXEO: Gonzalo Pérez Zamora. Campión de España
BOXEO: Constantino Martínez. 4 veces Campión de España en categoría Mini Mosca
BOXEO: Rafael González Ubeira. Campión Galego en categoría Peso Mosca
BOXEO: Benjamín Campos Lago. Campión Galego en categoría Peso Pluma
GRECO – ROMANA E LOITA LIBRE OLÍMPICA: Manuel Roca Mirón. 12 veces campión de España.
GRECO – ROMANA E LOITA LIBRE OLÍMPICA: Enrique Fernández. 10 veces Campión de España
GRECO – ROMANA E LOITA LIBRE OLÍMPICA: Justo Alonso. 1 vez Campión de España
GRECO – ROMANA E LOITA LIBRE OLÍMPICA: José Carlos Escobero. 8 veces Campión de España en categoría peso 48Kg.
GRECO – ROMANA E LOITA LIBRE OLÍMPICA: Roberto Estévez. 3 veces Campión de España en peso 57-62.
GRECO – ROMANA E LOITA LIBRE OLÍMPICA: Juan Luís. 3 veces Campión de España en categoría peso 48 Kg.
JUDO: Angel Villar González. Adestrador de Judo, árbitro nacional e internacional e cinto Branco/Vermello 7º DAN.
JUDO: Mario Muzas Cobo. Presidente da Federación Galega de Judo e Cinto Branco/Vermello 6º DAN
JUDO: Alfredo Faro Calviño. Adestrador de Judo e Medallista Galego e Nacional 

28 de outubro de 2015 | 11:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.