publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Cañiza acolle o V magosto popular e III Serán da Castaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

O 31 de outubro a céntrica Praza Maior da Vila acollerá no seu baixo a celebración do V Gran Magosto popular a partires das nove da noite. Como en edicións anteriores ademáis de castañas asadas, o Concello preparará bocadillos de chourizo asado regado cos viños da zona. Ao finalizar os asistentes poderán disfrutar da tradicional queimada que será conxurada como manda a tradición.

Pero este magosto conta, un ano máis, cun valor engadido da man da Asociación Cultural Furafollas de Oroso. A Asociación completa a programación do Concello organizando, neste mesmo emprazamento e a mesma hora,  o III Serán da Castaña que contará con música tradicional e as cancións galegas recopiladas da memoria popular e que agora se recuperaron grazas ao interese das mulleres e homes da localidade que se están esforzando porque non desaparezan estas pezas da cultura musical popular galega.

En A Cañiza existe unha grande tradición de seráns, de feito durante todo o ano celébranse varias edicións nas parroquias de Achas e de Oroso, destacando o Serán de Randufe pioneiro na recuperación desta tradición musical e na que as veciñas deste lugar de Achas levan traballando dende hai xa moitos anos.  Dende o Concello queremos felicitalas a todas elas por esta valiosa labor de compilación e recuperación que están desenvolvendo, conseguindo sacar do esquezemento unha parte importante da nosa cultura.

Que é un SERÁN:

O Serán é o nome que se lles deu ás festas que organizaban as xentes das aldeas dos concellos do interior de Pontevedra como é o caso da Vila de A Cañiza, no tempo en que non había outra forma de entretemento. Comezaban á tardiña, no serán. Según contan as nosas veciñas máis longevas o serán empezaba cunha secuencia de bailes soltos (jotas e muiñeiras) e logo pasaban aos agarradiños (sobre todo pasodobles). Esta organización permitía saber aos bailaríns qué peza lle tocaba bailar con cada quen. Os máis pícaros sempre agardaban estos agarradiños.

28 de outubro de 2015 | 11:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.