A Biblioteca de Tui organiza o contacontos para adultos “Viaxe polas profundidades do tempo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle o vindeiro martes 20 de outubro, ás 20:30h. na Sala Félix Rodríguez, un espectáculo de contacontos para adultos a cargo de Olga Abad, titulado “Viaxe polas profundidades do tempo”. A entrada é libre.

’Viaxe polas profundidades do Tempo’’ é un espectáculo para adultos no que se conta a historia de Monte Rabudo, un pobo galego cheo de fantasía e misterio. Xogando co tempo, iremos coñecendo ós habitantes deste singular lugar e todos os segredos das súas vidas.

Este espectáculo enmárcase dentro das actividades proxectadas para a celebración do Día da Biblioteca co que dende 1997 se rende homenaxe e recoñecemento ó labor que desempeñan as bibliotecas e os bibliotecarios dentro da sociedade.

16 de outubro de 2015 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.