A biblioteca da Guarda engade unha sección de libros en portugués

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

A Concellería de Cultura e Educación do Concello da Guarda habilita unha zona de libros en lingua portuguesa na Biblioteca Municipal. Esta sección, na que xa se distinguen diferentes novelas e tamén libros infantís, ponse en marcha dentro do programa de fomento da biblioteca levado a cabo polo Concello. Espérase que co tempo esta sección vaia en aumento e os exemplares en portugués incrementen.

Activar a lectura

Esta iniciativa é unha máis das múltiples que o Concello da Guarda está a por en marcha para dinamizar a biblioteca municipal. Ademais de engadir esta sección de libros en portugués está en marcha un clube de lectura tanto infantil coma adulto e sesións de contacontos para os nenos e nenas.

19 de outubro de 2015 | 11:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.