publicidade hoxe

A Barqueira acollerá a Feira da Castaña e a Chanfaina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdido
A-
A+

O campo da feira da Barqueira acollerá a feira da castaña e a chanfaina o vindeiro domingo día 1 de novembro. A actividade que está organizada polo Concello de Cerdido, conta coa colaboración de diversas institucións, asociacións e negocios do concello, e realizarase durante todo o día.

Pola mañá haberá a tradicional feira con degustación gratuíta de castañas e chanfaina e pola tarde farase unha gran festa de Samaín e magosto para os máis pequenos con talleres, inchables, animación, etc…

Ademais dos diferentes postos de venta que hai na feira, nesta ocasión tamén haberá máis de 30 postos de artesanía no que se poderán adquirir unha gran diversidade de productos.

O campo da feira estará cuberto durante todo o día cunha gran carpa para que o tempo non empañe a completa xornada de actividades. Agradecemos enormemente que lle den a máxima difusión posible dende o seu medio

20 de outubro de 2015 | 11:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.