A Axencia de Colocación de Mos acolleu un intercambio sobre intermediación laboral con técnicos de Rumanía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Reunión de intercambio

Reunión de intercambio

A Axencia de Colocación de Mos acolleu esta mañá un proxecto de colaboración con Método Consultores consistente na realización dun intercambio de experiencias desenvolvidas en materia de intermediación laboral cun grupo de 10 persoas procedentes de Rumanía entre os que se atopaban 4 Funcionarios da Axencia Nacional de Emprego da Cidade de Prahova e Coordinadores do Proxecto, 3 Funcionarios da Axencia Nacional de Emprego da Cidade de Tulcea e Coordinadores do Proxecto, 1 Coordinador do Proxecto en representación do Socio Global Commercium Delelopment, unha tradutora e unha Técnica do Proxecto de Método Consultores

O obxectivo do Proxecto Prahova é desenvolver capacidades persoais e laborais ao persoal do Servizo Público de Emprego Romanés para facilitar a intermediación laboral con colectivos vulnerables e empregadores, por este motivo, os funcionarios romaneses compartiron e intercambiaron experiencias nesta área cos membros da Axencia de Colocación de Mos.

Pola súa banda os técnicos de emprego da Axencia de Colocación mosense realizaron durante a sesión unha presentación na que se facía un repaso das orixes e autorización da Axencia, mención a casos concretos de éxito e/ou problemática, descrición de procedementos, ferramentas e metodoloxías de actuación e traballo; recursos humáns, seguemento e avaliación.

O concelleiro mosense de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, esttivo presente no intercambio desta mañá e aproveirtou para agasallar ós homólogos romaneses co libro de fotografías sobre o municipio, ‘Mos o mellor agasallo’, confeccionado precisamente por alumnos/as-traballadores/as dun pasado Obradoiro de Emprego, precisamente unha das fórmulas de intermediación laboral que os técnicos de emprego mosenses lles expuxeron e presentaron hoxe ós romaneses.

8 de outubro de 2015 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.