A avogada de Basterra pregúntalle se matou a Asunta e este responde que “por suposto que non”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press
Declaración de Basterra

Declaración de Basterra

A avogada de Alfonso Basterra seguiu a mesma estratexia que este xoves o letrado que defende a súa exmuller Rosario Porto e, ao final da xornada de declaración no xuízo polo crime da súa filla Asunta, preguntoulle se a matou. “Por suposto que non”, respondeu, tallante. A continuación, sobre se fixo algo que favorecese acabar coa vida da nena, replicou cun “por deus, baixo ningún concepto” e negou ter algún interese por que isto acontecese. “Por suposto que non, ¿como ía ter interese en matar a miña filla, se era o que máis quería na miña vida?”, exclamou.

Previamente, negou maltratar a súa exesposa, malia admitir “discusións” e a súa avogada mostrou unha páxina do seu diario, correspondente ao 31 de xaneiro de 2013, na que se podía ler o seguinte: “pasei de ser un home felizmente casado a ser un home infelizmente divorciado”, e sostiña que Asunta era para el “o máis importante”.

Os interrogatorios a Basterra concluíron ás 14,20 horas, unhas catro horas despois do seu inicio, e o fiscal foi o que máis tempo empregou, unhas dúas horas, fronte ás cinco que utilizou este xoves con Porto.

2 de outubro de 2015 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.