A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza a XVII Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas
A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza de novo a que será a XVII edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, mostra que contará coas actuacións de 13grupos de música tradicional galega, que encherán da nosa música o casco vello da cidade no día máis emblemático das festas.
Os grupos participantes na mostra actuarán en horario de mañá e de tarde en distintas portas da muralla, prazas e rúas, de tal maneira que toda a xente que entre na cidade, sexa recibido co son da nosa musica tradicional.
Os grupos participantes son os seguintes:
Airiños da Freba – (Lugo)
Encantiños do Ulla – Lestedo , Boqueixón (A Coruña)
Estiño – Allariz (Ourense)
Os Mecos do Grove – O Grove (Pontevedra)
Os Viqueiras de Ordes – Ordes (A Coruña)
Eudemónicas – (Lugo)
Folieiros de Lavadores – Lavadores – Vigo (Pontevedra)
Grupo de gaitas Frouma – Oleiros (A Coruña)
Tornaxeira – Comarca de Valdeorras (Ourense)
Tumba e Dalle – Barreiros (Lugo)
Os Campantes da Baña – A Baña (A Coruña)
Pandereteiros de O Fiadeiro – Vigo (Pontevedra)
Os Sin Son Gaiteiros – Silleda (Pontevedra)











