publicidade hoxe

A Asociación Cultural Adro de Baio comeza as clases de baile e música tradicional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaZas
A-
A+

Mañá sábado, 3 de outubro, ás 12 horas levaránse a cabo no auditorio de Baio as inscricións para os cursos de gaita, pandeireta, acordeón e baile tradicional organizados pola Asociación Cultural Adro.

As actividades están dirixidas a todos os públicos, independentemente da súa idade e do seu nivel. Desta forma, un dos obxectivos deste ano é formar grupos de adultos que pretendan ben iniciarse na música ou no baile tradicional e tamén de recuperar antigos alumnos que queiran retomar as súas clases para poder participar nas foliadas.

Por outra parte, tamén se acaban de retomar as clases de guitarra, patinaxe artístico e bailes de salón. Os interesados en participar ainda están a tempo de sumarse aos grupos contactando cos profesores de cada actividade ou coa propia asociación.

A posta en marcha destas actividades marca o inicio dos traballos da nova xunta directiva elixida na asamblea do pasado sábado e liderada por Olga Mouro.

2 de outubro de 2015 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.